O Concello fará un aparcadoiro no polígono industrial de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba dotará de prazas de aparcamento unha superficie de preto de 16.
16 Feb 2020

O Concello de Vilalba dotará de prazas de aparcamento unha superficie de preto de 16.000 metros cadrados do polígono industrial tal e como anunciou o seu concelleiro de Urbanismo Luis Fernández.

As novas prazas de aparcamento estarán situadas na ampliación terceira do parque, promovida pola inmobiliaria Vilalbesa SL.

Os terreos, segundo indicou, foron atopados polo novo goberno vilalbés dentro dun inventario municipal pero que non estaban dados de alta no catastro.

Nun primeiro momento realizaron un levantamento topográfico para delimitar as zonas de uso público. A partir de agora a intención é dotalos de aparcamento coa correspondente sinalización horizontal e vertical  que suporán unhas 150 novas prazas a disposición pública.

 

0.16920304298401