O Concello fará un aparcadoiro xunto á igrexa de Román a petición veciñal

TerraChaXa
O orzamento contemplado no proxecto é de 15.000 euros e esta nova infraestrutura pública suma 1.970 metros cadrados dedicados integramente a estacionamento de vehículos
reunion-modesto-renda-vecinos-de-roman
Reunión de Modesto Renda con veciños de Román
2 Xul 2024

O tenente de alcalde Modesto Renda anunciou que o Concello dará solución á situación de risco que se dá no barrio da Igrexa de Román cando os veciños se vén obrigados a estacionar os seus vehículos ó longo da estrada por non teren espazo suficiente para aparcar nos días de máis afluencia ao cemiterio, á igrexa e á casa escola da parroquia.

E faráo subvencionando nun 100 % o custo das obras de acondicionamento e pavimentación dun aparcadoiro público, nuns terreos de titularidade da Asociación de Veciños Santa Eulalia de Román.

A través dunha xuntanza aberta á veciñanza da parroquia, Renda explicou que o Concello "fixo xa o pago dun anticipo do 80 % do total que suporá a obra" e que esta dará comezo "cando se reciba a autorización da Dirección Xeral de Patrimonio".

O orzamento contemplado no proxecto é de 15.000 euros e esta nova infraestrutura pública suma 1.970 metros cadrados dedicados integramente a estacionamento de vehículos.

Renda tamén detallou varios aspectos da actuación, explicando que a execución da obra de acondicionamento comezará co desmonte do terreo nun "espesor medio de 15 cm, coa lóxica e consecuente explanación e compactación". Finalmente terá lugar a subministración, estendido e compactado dunha capa de "zahorra artificial de 0/25 e outros 15 cm de espesor".

0.097337961196899