O Concello de Xermade humaniza o exterior da biblioteca para zona de actividades
TerraChaXa
Os operarios do Concello de Xermade realizaron os últimos días traballos de humanización da zona exterior da biblioteca co obxectivo de habilitala para o uso dos veciños.
7 Ago 2020
Os operarios do Concello de Xermade realizaron os últimos días traballos de humanización da zona exterior da biblioteca co obxectivo de habilitala para o uso dos veciños.
A intención do Concello é ofrecer "un lugar agradable e apracible onde gozar estes días de verán". Tamén, teñen como obxectivo organizar neste novo emplazamento actividades municipais compatibles cos tempos covid-19 que se están a vivir.