O Concello implantará un sistema de control do aparcamento en dúas zonas

TerraChaXa
O Concello estudia estes días a implantación da limitación de aparcamiento na rúa da Pravia e no párking debaixo do Concello, na praza da Constitución.
10 Jul 2018

O Concello estudia estes días a implantación da limitación de aparcamiento na rúa da Pravia e no párking debaixo do Concello, na praza da Constitución. O equipo de Goberno recibiu dúas propostas sobre diferentes alternativas para o control do estacionamento de vehículos. Unha delas é a implantación do sistema ORA e a outra sería limitar por dúas horas o aparcamento gratuíto e a partir de ahí cobrar.

Á espera dunha terceira proposta, que se presentará estes días, o Concello reitera a necesidade de regular o aparcamento nesas zonas xa que a xente utiliza ambas para deixar aparcados os vehículos durante todo o día o que provoca moitas queixas veciñais.

O Concello indica que son os expertos os que están facendo o estudo para "conseguir movemento no tráfico de forma cómoda para todos".

PLAN XERAL. Por outra banda, o alcalde, Agustín Baamonde informan de que xa se firmaron as escrituras de cesión do Plan Xeral. Xa estaba aprobado en Pleno a cesión do contrato, pero faltaba por facer efectiva esa cesión entre a empresa anterior e a que se ocupará proximamente del. Baamonde explicou que esta firma supón que xa se pode retomar a xestión do PXOM en próximas datas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.13680005073547