O Concello impulsa melloras nos accesos da ampliación do parque empresarial de Castro
Os traballos de construcción dunha instalación para a promoción da Feira de Castro de Rei impulsados dende o Concello iniciábanse esta semana co obxectivo de "proporcionar unha instalación destinada a que a xente que acode á Feira da Vila de Castro de Rei, que se celebra os domingos cada quince días, poida comer o pulpo a cuberto".
A contrución será de madeira e con teito de lousa, acristalada, contemplando o campo da feira e parte da vila de Castro de Rei. O rexedor local, Francisco Balado, recorda que "ata agora comían o pulpo nun garaxe próximo, de bloque de formigón con teito de uralita, que non reunía as condicións axeitadas".
Así, "dende o equipo de goberno decidimos levar a cabo este proxecto que conta cunha axuda de agader e que ten un coste total de 70.000 euros porque queremos apostar pola dinamización da feira da vila e o impulso turístico necesario, que tamén completamos coa área de servizo de autocaravanas, aparcadoiro turístico e sinalización da ruta do Azúmara ao que destinamos, entre os dous proxectos, un total de 150.000 euros de inversión na vila".
Accesos ao polígono de Castro Ribeiras de Lea
E na vila de Castro Ribeiras de Lea iniciarase outro proxecto nesta semana. Trátase da mellora dos accesos ao parque empresarial, subvencionado pola Consellería de Industria e Xestur. "Conta cun orzamento de 120.000 euros co que pretendemos acometer os accesos da ampliación do parque empresarial de Castro Ribeiras de Lea entre a estrada Lu-115 e zona onde se ubicarán as novas parcelas".