O Concello de Guitiriz inicia un programa de actividades para familias

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz vén de poñer en marcha un programa cultural baixo o título xenérico de Guiados por Rosalía e Díaz Castro: Tempo de lecer en familia.
tempodelecer_portada
20 Feb 2019

O Concello de Guitiriz vén de poñer en marcha un programa cultural baixo o título xenérico de Guiados por Rosalía e Díaz Castro: Tempo de lecer en familia. na que se inclúen distintos obradoiros, charlas e actuacións. O eixe principal de todas estas actividades é o seu carácter saudable, ecolóxico e lúdico orientado a toda as familias.

O obxectivo destas actividades é sensibilizar sobre determinados aspectos cotiáns, facer que a familia se sinta unida, loitar contra as discriminacións, favorecer hábitos responsables e saudables, concienciar da importancia dos pequenos detalles, manter e mellorar as relacións entre o vecindarios e formar, entreter e divertir.,

As actividades deron comezo coa inauguración da mostra Nos tamén fomos emigrantes, que permanecerá aberta ata o 10 de marzo na Casa Habanera. Tamén incluiuse neste probrama a homenaxe a Alfonso Blanco e a charla sobre a reutilización do aceite usado dentro do proxecto Aceto.

A programación continuará este venres, 22 de febreiro co fallo do IV premio Díaz Castro de Poesía e presentación do libro do 2018. Seguidamente, o domingo, haberá un roteiro poético conmemorando o día de Rosalía.

Xa no mes de marzo, o día 8 farase unha homenaxe á Muller con motivo da celebración internacional desta festividade.

O domingo 10 de marzo será tempo de teatro, coa representación da obra Roedores, para público infantil e familiar, a partir das 18.00 horas na Casa Habanera.

O 12 de marzo comezarán dous obradoiros. Por unha banda, haberá un de merendas saudalbes ás 16.10 horas no CEIP Lagostelle e por outra iniciarase o de Autoestima, que consistirá en cinco sesións de dúas horas que terán o seu comezo o 12 de marzo e se prolongarán ata o 23 de abril. As sesión terán lugar a partir das 11.30 horas na Casa Habanera e os que desexen anotarse deberán facelo no concello.

O obxectivo deste curso é aprender a quererse, coidarse e superar as metas.

A programación continuará o 22 de marzo co Festival de Narrativa Oral Atlántica 2019 patrocinado pola Deputación Provincial de Lugo.

Continuarán con máis obradoiros para familias o 28 de marzo, cun taller sobre etiquetado de alimentos e compras saudables, as 16.30 horas na Casa Habanera.

Finalmente, a primeira fin de semana de abril celebranse as últimas sesións. O sábado 6 terá lugar unha obra de teatro co título Invisibles, ás 20.00 horas na Casa Habanera, e, o domingo, un taller de autodefensa, que se impartirá de 11.00 a 14.00 horas tamén na Casa Habanera.

tempodelecer
0.17093515396118