O Concello instala un peche automático no colexio da Pastoriza
O Concello da Pastoriza tamén vai instalar a petición da ANPA un sistema de apertura automática nos accesos ao colexio O Divino Salvador. Con esta medida, preténdese, evitar a entrada de persoas alleas ao recinto escolar así como a saída dos nenos sen permiso.
Foron a ANPA, coordinados coa dirección do centro, os que solicitaron esta medida de seguridade e que funcionará de xeito similar a un porteiro automático.
Este peche automático das portas do centro instalarase nos próximos días. Segundo indicou o alcalde, están a esperar a chegada dos sistema automático, xa pedido, para proceder a súa instalación por parte dos técnicos.
Primitivo Iglesias explicou que "unha medida como esta ofrece a profesores e pais a tranquilidade e a garantía de que os nenos están protexidos e seguros no centro escolar".