O Concello das Pontes investirá 86.000 euros na rehabilitación da rúa A Casilla

TerraChaXa
O Concello de As Pontes investirá, con cargo ó POS 2019 da Deputación da Coruña, 86.
A CASILLA
6 Feb 2019

O Concello de As Pontes investirá, con cargo ó POS 2019 da Deputación da Coruña, 86.491 euros na rehabilitación da rúa A Casilla.

O proxecto, aprobado polo pleno municipal, permitirá mellorar a pavimentación e a accesibilidade na marxe dereita do viario, entre as rúas Eduardo Pondal e Curros Enríquez.

A través desta actuación, o Concello de As Pontes quere dar resposta a unha vella demanda da veciñanza para impulsar a contorna, eliminar as barreiras arquitectónicas e mellorar a mobilidade na zona, aumentando a calidade de vida dos veciños e veciñas.

As obras, xunto coa substitución da pavimentación actual por formigón impreso, contempla a renovación dos servizos públicos municipais.

Deste xeito, na súa aposta por mellorar a eficiencia enerxética do municipio, impulsar unha vila máis sostible e promover o aforro, o Concello de As Pontes retirará as luminarias actuais, situadas nas fachadas dos edificios, e o cabreado existente, para substituílas por novos báculos e puntos de luz situados na beirarrúa.

Tamén se procederá á renovación das instalacións de saneamento mediante a construción dunha rede separativa de augas pluviais e fecais que incluirá a creación de arquetas para a recollida das acometidas individuais das edificacións así como as acometidas dos sumidoiros e de recollida das augas procedentes do domicilios.

Ademais disporanse pozos de rexistro separativos e levarase a cabo a adaptación dos rexistros existentes (pozos e arquetas) á rasante final da rúa.

0.16536903381348