O Concello lanza un concurso co título Begonte queda na casa
O Concello de Begonte, lanza un concurso dirixido a nenos e familias coa finalidade de aproveitar de xeito lúdico e cultural as restriccións de mobilidade actual. Neste concursos existen dúas modalidades, a audivisual e a narrativa.
Na primeira consistirá na realización dun vídeo que conste dunha representación teatral, cine, humor, baile… sobre a temática Begonte queda na casa e cunha duración de entre un e catro minutos.
No apartido narrativa ou cómic, os nenos e nenas deberán facer referencia á actual situación dun xeito divertido e positivo mediante a redacción dun conto, historia, cómic, etc.
Todas as propostas serán publicadas nas nosas redes sociais e haberá importantes premios para as mellores obras e para aquelas que máis Me gusta obteñan na páxina de Facebook do Concello de Begonte.
Consulta as bases no seguinte enlace.