O Concello non recomenda temporalmente o baño na praia fluvial da Madalena
TerraChaXa
As análises detectaron unha concentración de microorganismos
Praia fluvial da Madalena
12 Xul 2024
A Consellería de Sanidade notificou ao Concello de Vilalba que non se recomenda temporalmente o baño no río, ao seu paso pola zona delimitada pola praia fluvial da Madalena.
Segundo explican, na última análise do estado da auga do río nesta zona de baño detectouse unha alteración da concentración duns microorganismos, polo que se recomenda non bañarse temporalmente.
Xa se traballa para identificar as causas que provocaron esta contaminación, co obxectivo de adoptar as medidas necesarias para recuperar a normalidade.