O concello organiza a II Concentración de coches clásicos Vila das Pontes
O Concello das Pontes organiza, a través da área de Turismo a II Concentración de Coches Clásicos Vila das Pontes.
A cita terá lugar ó 20 de maio na Canle IV, a partir das 10:00 horas e comezará coa recepción dos participantes para, unha hora máis tarde, realizar unha exposición dos vehículos en distintas prazas da vila e, posteriormente, a partir das 13:30 horas, percorrer as rúas da localidade.
Os asistentes desprazaranse, a continuación, ata o lago onde se celebrará unha sesión vermú e un xantar popular. Pola tarde, ás 17:00 horas, iniciarase a volta á Canle IV onde haberá un circuíto para os participantes. A concentración finalizará ás 19:00 horas coa entrega de premios na que se galardoará ó automóbil máis antigo, ó máis votado, ó mellor restaurado, ó máis popular e ó que proceda de más lonxe.
Durante esta edición, tanto o día previo como o dia da concentración, haberá un espazo adicado á venda de vehículos e recambios para motos clásicas e antigas así como unha zona de lecer para os máis pequenos.
Desde o goberno local, a concelleira Ana Pena, responsable da área de Turismo, Hostalaría, Comercio e Emprego, subliña a gran oportunidade que este evento supón para a promoción e dinamización turística da localidade, “este evento permítenos poñer en valor o patrimonio turístico das Pontes, dalo a coñecer fóra da comarca e amosar todo o que o noso pobo pode ofrecer ós visitantes. Por outra banda, ofrecémoslle ós centos de amantes do motor, de toda a xeografía galega, a oportunidade de gozar dun espectáculo único ó tempo que fomentamos un dos sectores estratéxicos da economía local”
As persoas interesadas en participar na II Concentración de coches clásicos Vila das Pontes poden inscribirse nos teléfonos 666 471 010 ou 630 077 166. Tanto a inscrición como o xantar serán de balde.