O Concello prepara actividades de Nadal en Castro e Castro de Rei
O Concello de Castro de Rei impulsa diversas actividades pola Nadal dirixidas, sobre todo, aos máis pequenos e pequenas tanto en Castro coma en Castro de Rei.
Con todo, a programación de decembro comeza o sábado 16 de decembro na Casa da Cultura de Castro a partir das oito do serán onde se proxectarán cortos de CortoEspaña para adultos, Xa o sábado seguinte, o 23, será a quenda de curtametraxes infantís no mesmo espazo e á mesma hora.
Xa en xaneiro está previsto unha espectáculo de malabares e clown para o martes 2 e para o venres 5, na Casa da Cultura de Castro e o sábado 6 no teleclub de Castro de Rei, a visita do mago David coincidindo coas festas de Reis.
Tamén teñen previsto desenvolver talleres, contacontos e títeres en ambas localidades e unha viaxe a Xuvenlugo nunha data por determinar.