O Concello presenta o balance do plan Mondoñedo, municipio para investir 2015-2020
O Concello de Mondoñedo fai balance do plan Mondoñedo, Municipio para Investir, 2015-2020 e constata que neste período desenvolveuse un traballo municipal que está a dar os seus froitos e serve de exemplo e xerme de novas iniciativas que contribúen á dinamización económica da vila e da súa contorna. Traballouse directamente, mediante investimentos en infraestruturas e servizos á cidadanía, ou ben mediante colaboración con entidades sociais e outras administración públicas.
O Concello prepara xa a segunda fase de Mondoñedo, municipio para investir e así conseguiuse a posta en marcha de Centro de Día e a súa ampliación; ampliación do Servizo de Axuda no Fogar e da Gardería Infantil; creación da Ludoteca e a posta en marcha do Centro de Atención Temperá, iniciativas desenvolvidas dende o Centro de Información á Muller, e un centro de menores.
O goberno municipal mindoniense destaca que se levou a cabo unha intensa labor de promoción turística. Para elo asistiuse a feiras e eventos do sector, poñendo en valor activos mediante a inversión e a promoción da súa candidatura a diferentes figuras de protección e recoñecemento (elementos do Patrimonio, festas, Cova do Rei Cintolo, Semana Santa, Mercado Medieval, etc.). Avanzouse na posta valor o de recursos arqueolóxicos, promoveuse a creación do primeiro centro BTT da provincia de Lugo e elaboráronse contidos promocionais en diferentes formatos (dípticos e trípticos, revistas, calendarios, audioguías e contidos audiovisuais ficcionados. etcétera). Reforzouse a actividade e os contidos da Oficina de Turismo; promovéronse concursos, e potenciouse a artesanía e a oferta cultural e deportiva, apoiando á iniciativa privada.
O Concello destaca que no ano 2015 a UNESCO aprobou a ampliación do Camiño de Santiago en España aos “Camiños do Norte de España”, incluíndo a Catedral de Mondoñedo. No ano 2016 trasladouse o Centro de Interpretación do Camiño Norte ao Centro Cultural de Alcántara, para dotalo dunha mellor visibilidade e servizo, e continúase a traballar na promoción de Mondoñedo como final de etapa do Camiño. Con importantes proxectos tamén en redacción, neste momento. Conseguiuse a catalogación de diferentes festas como de Interese Turístico Galego e Nacional.
No ano 2016 asinouse un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto “Mondoñedo Dixital: Cidade Histórica e Patrimonio”, para dotar ao Concello de Mondoñedo dos instrumentos necesarios para a posta en valor dos recursos patrimoniais, históricos e culturais. Desenvolveuse un traballo de investigación a través do recurso ás fontes documentais conservadas nos propios arquivos municipal e catedralicio mindoniense, que se estendeu a outras fontes como o Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico Nacional, o Arquivo da Chancillería de Valladolid e mesmo ao Arquivo Militar de Segovia.
Desenvolveuse a iniciativa #Mondotech. Do local ao global no século XXI, financiada con fondos Leader, que permitiu ao Concello contar con novos formatos audiovisuais para as canles de comunicación actuais, co obxectivo de poñer promocionar o patrimonio histórico, turístico e cultural da cidade. Mondoñedo pertence desde 2018 á prestixiosa asociación Los pueblos más bonitos de España, que agrupa a 79 vilas e cidades do país. Nese mesmo ano, o Pazo de San Isidro foi declarado Ben de Interese Cultural e a Cova do Rei Cintolo recibiu a certificación Observer® que a acredita como destino turístico científico, ao tempo que se creou unha pasarela de acceso á cavidade e se mellorou o servizo de visitas guiadas, conseguindo un número récord de visitas.
Á hora do balance hai que recordar que no 2019, Mondoñedo puxo en marcha diferentes iniciativas que fortalecen e dinamizan a súa oferta turística. Así, inaugurouse a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, un espazo que combina a actividade museística coa actividade lúdica dunha taberna; o Museo da Imprenta e o Albergue da Natureza en Vilar, que conta con 54 prazas, un aula da natureza e un centro de recepción de bicicleta de montaña (BTT).
Froito da colaboración público-privada, tamén se inicia a rehabilitación integral dun inmoble na rúa Pardo de Cela; un albergue de 43 prazas e 17 apartamentos turísticos. Isto suporá un grande impulso para todo o Concello.
En xullo do mesmo ano (2019) déronse a coñecer dúas iniciativas ben distintas con orixe no aproveitamento inmobiliario. Por un lado, a iniciativa do director e do responsable de administración xeral e contabilidade dun prestixioso estudio de música e piano en Londres, o WKMT (cuns 250 alumnos repartidos en 3 sedes), que adquiriron unha casa de arquitectura indiana onde tiveron as súas raíces Cunqueiro ou Noriega Varela, para empregala como destino de vacacións e para desenvolver campamentos musicais que atraian turismo á vila. Por outra parte, a iniciativa que leva a cabo un matrimonio estadounidense que comprou varias propiedades en Mondoñedo para restauralas e convertelas nun núcleo de ecoturismo rural; aloxamento e comidas caseiras baseadas en produtos orgánicos e servidas con tranquilidade e serenidade.
Durante estes anos desenvolvéronse talleres de emprego e se promoveu o emprego nas brigadas contra incendio e nas brigadas medioambientais. Potenciáronse accións empresariais e industriais, por exemplo, co apoio á comercialización da faba Verdina e de elaboracións a base de tomate, acollidas ao selo Horta de Mondoñedo. impulsáronse infraestruturas e servizos como o polígono industrial naves en aluguer no barrio de San Lázaro, viveiro de empresas no Centro Comarcal e a mellora de servizos como a instalación de fibra óptica. Tamén froito da colaboración publico privada.
En febreiro de 2020 se deron a coñecer dúas operacións empresariais relacionadas co sector da construción. A da empresa de Castro de Rei Bloques Cando, S.L. en Mondoñedo, que adquiriu tres parcelas do polígono para desenvolver a súa actividade para toda a zona da Mariña. Esta iniciativa xorde a raíz da posta en marcha dende o Concello dunha liña de axudas para o fomento de actividades económicas no parque empresarial. Por outro lado, a operación da empresa Industrias Toxiza, S.L., que mercou os inmobles de FINSA que pertenceron, no seu día, a Aglomerados Ecar. A empresa está a traballar nun proxecto de recuperación da actividade económica nas instalacións.
No ámbito urbano o Concello destaca que tamén se executaron diferentes actuacións. Houbo investimentos en aparcadoiros, mellora de accesos, plan de tráfico, renovacións nas rede de abastecemento de auga e saneamento, intervencións en prazas públicas, beirarrúas, actuacións de mantemento de pontes, glorietas, etcétera, e se promoveu a rehabilitación de vivendas. No ámbito rural, o plan de roce desenvolveu actuacións en todas as parroquias, arranxos en camiños, melloras de firmes, obras de mantemento e mellora de estradas, promoción de concentracións parcelarias, etcétera.
O día 26 de febreiro de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a declaración de área Rexurbe de Mondoñedo. Durante o período de alarma pola crise sanitaria da covid-19 o Concello completou o Plan de Dinamización e remitiuno á Xunta de Galicia, coa idea de poñelo en marcha tan pronto sexa posible para potenciar a fase de recuperación. Dito plan, ademais da rehabilitación de edificios, prevé intervencións en tres ámbitos urbanos: acceso por Rocha de Vélez e Os Castros; ampliación e mellora do Camiño da Valada (enlace de Río de Xisto e os xulgados), con servizos propiamente urbanos; rehabilitación da capela de Alcántara. O orzamento total é de 5,8 millóns, entre as inversións públicas (57,76%) e privadas, e se inclúe unha liña de axudas públicas á iniciativa privada por importe de 150.000 euros.
En xuño publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo as bases reguladoras das axudas para o impulso de actividades económicas en Mondoñedo para paliar os efectos do coronavirus, polas que se subvencionan os custes enerxéticos dos meses de marzo e abril de actividades empresariais afectadas polo peche de establecementos disposto no RD 465/2020. Esa seguira sendo a senda de traballo.