O Concello recibe ás xogadoras laranxas tras gañar a Copa da Raíña

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello recibe ás xogadoras laranxas tras gañar a Copa da Raíña este domingo ante o Poio. O conxunto laranxa suma a segunda consecutiva
22 Dec 2020

As Raíñas e a II Copa xa están en Burela e quixeron brindar o último título da Familia Laranxa á vila mariñá. As xogadoras do Pescados Rubén Burela FS, acompañadas polo presidente, Manuel Blanco, e outros membros da directiva, foron recibidas esta tarde no consistorio polo alcalde de Burela, Alfredo Llano, en recoñecemento á súa última xesta.

As bicampioas de Copa da Raíña tamén recibiron os parabéns do responsable da área de Deportes, Ramiro Fernández -que xa as acompañou en Málaga durante a final four desta fin de semana-, a concelleira de Igualdade, Noelia María Ben, e o edil do BNG, Mario Pillado.

O acto, programado no salón de actos, trasladouse á praza do Concello -mantendo as medidas de distancia social- para poder ofrecer o galardón revalidado onte no Martín Carpena aos afeccionados que se achegaron ata alí. As capitás, Peque e Bea Mateos, celebraron o título dende o balcón consistorial, xunto ao alcalde e o presidente laranxa, prometendo traballo para seguir traendo ledicias, éxitos e títulos á bisbarra da Mariña.

0.1894109249115