O Concello de Vilalba recupera a xira dos maiores dentro da programación das festas

TerraChaXa
Concello de Vilalba recupera este ano a Xira dos Maiores o mércores 24 de agosto, unha cita tradicional no calendario das festas.
XIRA MAIORES FESTAS VILALBA PORTADA
3 Ago 2022

O Concello de Vilalba recupera este ano a Xira dos Maiores o mércores 24 de agosto, unha cita tradicional no calendario das festas que nesta ocasión convertirase nunha homenaxe ás persoas maiores.

“Despois dunha vida dedicada aos demais, a pandemia obrigou aos nosos maiores a renunciar ao contacto cos seus seres queridos, demostrando unha vez máis que son unha xeración exemplar que merece un recoñecemento por parte do concello”, asegura a alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro.

Por este motivo, o concello convidará a unha comida ás persoas maiores de 65 anos empadroadas en Vilalba, que se celebrará na explanada da piscina da Área Recreativa da Madalena.

“Estamos en débeda con eles polo que se coidaron e coidaron aos demais durante estes dous anos tan duros”, sostén Marta Rouco, concelleira de Políticas Sociais de Vilalba. No acto, “haberá unha lembranza especial aos que desgrazadamente xa non están con nós e un agradecemento institucional a todos e todas as que seguen, grazas aos cales somos quen somos”, engade.

A xornada comezará coa animación musical da Charanga de Vilalba previa á misa das 12:30 horas, que se realizará na explanada da piscina municipal, coa actuación da Coral Luar de Vilalba. Haberá sesión vermú antes do xantar e baile posterior a cargo da Orquestra Los Supremos.

Todas as persoas interesadas poden inscribirse no concello co seu nome, apelidos e DNI, onde comprobarán que figuran no padrón, desde este xoves 4 de agosto ata o martes 16 de agosto. Os acompañantes, no caso de ser menores de 65 anos, poderán acudir pero deberán asumir o custe da comida (35 euros).

0.19212007522583