O Concello reforma o parque infantil da Pastoriza
O Concello da Pastoriza realizou as obras de amaño do parque infantil da localidade que contou co cambio do pavimento e tamén da substitución do equipamento para as áreas de xogo. O alcalde, Primitivo Iglesias, e o concelleiro Constantino Fernández supervisaron as obras, que contaron cun presuposto de 9.000 euros con cargo ao orzamento municipal.
As inclemencias do tempo e o cambio de normativa deixaron obsoleto este lugar de encontro dos pequenos, razón destas obras de mellora. Nesta liña, o alcalde indicou que “temos que cuidar dos nosos nenos e ter lugares de xogo e pasatempo para eles porque creo que nunha sociedade que se vai envellecendo hai que tratalos como un tesouro porque son o futuro e tamén supón unha forma de que boten raíces na nosa terra”.