O Concello rehabilita o antigo centro médico e vivendas en Bretoña
A que nos seus inicios foi a escola unitaria da parroquia de Bretoña e vivenda de mestres e máis tarde funcionou como centro médico, está sumerxida nun proceso de rehabilitación xa que a día de hoxe non cumpre ningunha desas función estando en desuso nun considerable estado de deterioro, tanto a planta baixa como a planta alta donde se atopan as vivendas.
Esta actuación conta cun orzamento de 75.522,53 euros. A reforma e reparación consisten na demolición da tabiquería existente, para poder facer un novo reparto das dependencias, renovación da instalación de fontanería, saneamento e electricidade, illamento de chans, alicatados e falsos teitos, pintura interior, e carpintería interior e exterior.
A planta baixa albergou un consultorio médico de atención primaria, que a día de hoxe xa non funciona como tal, dado que os vecinos desprázanse ao centro médico do concello donde están os servizos médicos e de enfermería, así como todo o material técnico para que os facultativos poidan facer un axeitado examen do paciente, e por conseguinte unha diagnose correcta.
Nesta parte baixa preténdese levar a cabo unha remodelación integral, para destinalo a un centro de servizos vinculados ao uso socio sanitario, para poder ofertalo a profesionaís tales como: fisioterapeutas, podólogos, nutricionistas, xerentólogos etc, etc que queiran implantarse no rural para desenvolver algunha destas ou outras actividades, cada vez máis demandadas nas zonas rurales, para iso os profesionaís que estén interesados xa poden poñerse en contacto co Concello.
En canto á planta alta, ocupada por dúas vivendas que na actualidade atópanse valeiras, persiguese acondicionar as vivendas en dúas fases por falta de orzamento. Nesta primeira fase quedará rematada unha das vivendas para ser ocupada e nunha segunda fase quedará a outra.
Para proceder á adxudicación tanto das dúas vivendas, como dos tres locais da planta baixa, levarase a cabo unha ordenanza que regule a adxudicación e o uso das instalación. En todo caso abrirase un prazo de solicitude tanto para as vivendas como para os locales.
Elva Carrera, responsable da área de sanidade e tamén de vivenda do Concello de Pastoriza asegura que "creo que esta iniciativa pon en valor esta edificación, para dinamizar e asentar poboación no núcleo de bretoña, mediante a implantación de servizos sanitarios, cada vez máis demandados no medio rural. Ao mesmo tempo queremos poñer en valor a rede de vivendas municipais naqueles núcleos donde teñamos maior demanda cun uso regularizado das mesmas".