O Concello renovará as luminarias de Guitiriz, Parga e Os Vilares con fondos Feder

TerraChaXa
O Concello de Guitiriz vén de acadar unha subvención da Unión Europea por valor de 288.
polin_baja
28 Mar 2019

A alcaldesa explicou que o investimento total do proxecto, do que xa está feita a súa redacción, é de 360.000 euros, dos que o 20%, uns 72.000 euros os ten que achegar o Concello. “Imos a levar ao Pleno unha modificación de crédito para poder adxudicar ditos traballos e cumprir os prazos de execución que marca a Unión Europea para non perder dita subvención”.

Serán un total de 640 novas luminarias de baixo consumo e 11 cadros de luz os que se renovarán no casco urbano de Guitiriz, Parga e Os Vilares. En concreto, nas avenidas Poeta Díaz Castro e Ponte Veiga, nas rúas Deputación, do Carme, Vista Alegre, da Paz, así como na zona do colexio de Parga, nas Reixas e Ansede.

“Isto suporá un aforro anual de máis de 43.000 euros na factura da luz para todos os veciños, cos que poderemos investir en mellorar outras prestacións publicas municipais” apuntou Regina Polín.

O proxecto de renovación do sistema de iluminación de Guitiriz, Parga e Os Vilares forma parte do conxunto de iniciativas presentadas e levadas a cabo polo Concello dentro do seu compromiso por dinamizar o rural, a través da transición enerxética. Neste eido, a Alcaldesa iniciou o proxecto para rehabilitar 5 núcleos rurais das parroquias de O Buriz e Os Vilares. “Os Concellos temos un papel moi importante na transición enerxética. É fundamental que sexamos os gobernos os que lideremos estes procesos por iso dende Guitiriz estamos desenvolvendo un modelo urbanístico enfocado na sustentabilidade”, puntualizou Polín.

0.18503212928772