O Concello de Vilalba renovará o saneamento na rúa Chao Ledo

TerraChaXa
Un total de 78.
8 Xul 2020

Un total de 78.160,62 euros destinaranse á renovación da rede de saneamento na rúa Xosé María Chao Ledo de Vilalba, tal e como confirmaron dende o goberno socialista. Trátase dunha das obras que se sufragarán  cos fondos do Plan Único da Deputación.

As obras inclúen a renovación das canalizacións e as acometidas da rede de abastecemento nesta rúa, que está considerada unha das principais arterias do núcleo urbano como continuación da avenida Terra Chá. Para esta obra está prevista a apertura das beirarrúas e a renovación de todo o pavimento. Aproveitarase para cambiar as canalizacións da iluminación.

Esta obra ten un prazo de execución de dous meses e xustifícase polos continuos problemas de roturas e falta de presión do servizo de augas que sofre a causa do escaso diámetro das tubaxes existentes.

0.14385080337524