O Concello repinta as igrexas de Xove e Monte

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello repinta as igrexas de Xove e Monte. As paredes estaban deterioradas, con fallas de pintura e desconchados, que provocaba filtracións
9 Xan 2021

O Concello de Xove procedeu ao repintado das igrexas de Xove e Monte. "En xeral, todas as infraestruturas, sexan estradas, portos, edificios de todo tipo, etc.. necesitan dun mantemento para poder servir con dignidade a función para que foron creadas. Se isto é certo para as infraestruturas normais, para os edificios antigos inda é unha verdade máis  perentoria", explica o alcalde, Demetrio Salgado.

As igrexas parroquiais de Xove e Monte tiñan as paredes exteriores bastante deterioradas, con moitas fallas de pintura, desconchados, etc., o que propiciaba a filtración de humidades cara o interior. Dende o Concello, e en colaboración coas Asocacións de Veciños de Xove e Monte, impulsouse o arranxo das paredes exteriores de ámbas as dúas igrexas, traballos que foron realizados pola empresa  Pinturas Moncho de Sumoas-Xove.

O investimento nestas obras, financiadas integramente polo Concello, foi  duns 16.500 eurps, dos cales 4.500 corresponderon á igrexa de Monte e 12.000 á de Xove.

Estas actuacións van permitir unha mellor presenza exterior e unha mellor conservación interior  das dúas igrexas, evitando as humidades que tanto dano fan as estruturas interiores como os distintos elementos (esculturas, retablos,…) que as ornan.  En definitiva, medidas que axudan a conservar o patrimonio histórico-artístico xovense.

0.099025964736938