O Concello restaura en Castro os cruceiros de Bendia e Ponte de Outeiro

TerraChaXa
O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, avanzou que o Concello encargarase da restauración de dous cruceiros centenarios, concretamente os situados nas parroquias de Bendia e Ponche de Outeiro coa finalidade de conservar o patrimonio local.
Captura de pantalla 2020 06 19 a las 9.48.30
19 Xuño 2020

O alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, avanzou que o Concello encargarase da restauración de dous cruceiros centenarios, concretamente os situados nas parroquias de Bendia e Ponche de Outeiro coa finalidade de conservar o patrimonio local. Segundo explican, o obxectivo é  recuperar tamén a coñecida como cruz de Quintela, en Santa Comba de Orizón. Para todo isto empregaranse fondos propios.

Os traballos consistirán na reparación da base do cruceiro de Cornide, que data de finais do XIX e localízase nun antigo camiño real, así como o seu fuste, que agora mesmo está torcido, polo que existe un risco de que se esborralle.

En Ponte de Outeiro, traballa na reposición do cruceiro, que foi derrubado polo golpe dun camión, co propósito de restituílo en canto sexa posible.

Balado expoicou tamén que o seu desexo é rehabilitar a cruz de Quintela (Cruz da Casa do Galán ou cruz do Cruceiro), un elemento moi antigo, datado a finais do século XVIII, cuxo estado de conservación tampouco é bo.

Os tres elementos foron documentados polos integrantes do Proxecto Carboeira, que cifra en máis de 70 as cruces e cruceiros coas que conta o municipio de Castro de Rei. Mario Saavedra, membro do equipo, di que tanto o cruceiro de Cornide —tamén chamado Cruceiro da Casa da Torre—, que está numerado, como o de Ponche de Outeiro, que se cambiou varias veces de localización e lembra unha morte, son obra da familia Carboeira.

Captura de pantalla 2020 06 18 a las 12.07.43
0.18395090103149