O Concello solicitará a declaración de Área de Rehabilitación para a vila de Castro de Rei
O Concello iniciou os trámites para declarar a vila de Castro de Rei Área de Rehabilitación Urbana (ARI) co obxectivo de que os veciños e veciñas da vila podan acollerse ás axudas que a Xunta de Galicia publica todos os anos para rehabilitación de vivendas.
Así o anunciou o alcalde da localidade, Francisco Balado, quen se estrevistou coa conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, que lle indicou a necesidade de contar cun estudo detallado sobre a zona que abarcaría esta área e que- segundo manifestou o alcalde- englobaría case 70 vivendas. "A nosa intención e rexeneración e rehabilitación urbana", explicou.
O Concello recordou que a vila de Castro de Rei conta xa cun dos requisitos para ser ARI, que é ter a declaración de conxunto histórico e artístico, distinción que recibiu no ano 1971 por Patrimonio e Bellas Artes, que además o calificaba de "paraje pintoresco".
Como explica Balado con esta declaración pretedeuse no se momento protexer o que quedaba das edificións antigas e da muralla xa que o castelo xa desaparecera.
O alcalde indicou que se está a preparar o proxecto para solicitar esta declaración, que se espera que en dous meses esté listo e poda ser aprobado polo Pleno para remitilo á Xunta de Galicia para proceder a esta distinción.
Como explica o Francisco Balado "seríamos o único ARI da zona da Terra Chá e significaría contar con axudas importante de cara a rehabilitar o casco urbán".