O Concello ten en licitación o proxecto de reparación de 12 quilómetros de vías rurais

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza mantén en licitación estes días o proxecto de pavimentación de camiños nas parroquias de Álvare, Vián, A Guarda, Pastoriza, Reigosa e Bretoña.
28 Feb 2019

O Concello da Pastoriza mantén en licitación estes días o proxecto de pavimentación de camiños nas parroquias de Álvare, Vián, A Guarda, Pastoriza, Reigosa e Bretoña. Este proxecto, que ten un orzamento de 300.427 euros, está financiado integramente polo concello.

Comprende un total de 12 quilometros nos que se priorizará os viais de acceso a núcleos de poboación, en especial aqueles utilizados para a circulación de vehículos.

A este proxecto hai que sumar o do Agader, que vai ser destinado para o arranxo de vías na parroquia de Baltar e para o que hai un orzamento de 68.000 para un período bianual.

As empresas teñen teñen de prazo ata o 6 de marzo para presentar plicas. Unha vez pechado o prazo, procederase á apertura de plicas e a dar comezo as obras, que, segundo indicou a tenente de alcalde, Elva Carrera, queren rematar antes do verán "sempre e cando o tempo o permita".

Os traballos consistirán no reafirmado das vías, limpeza de cunetas e implantación de rego asfáltico.

 

0.16399002075195