O Concello vilalbés compra un lote de maquinaria agrícola

TerraChaXa
Está composto por unha motoserra e cortasertos de man, un soprador, un corta céspede de man, catro desbrozadoras de man, dúas motoserras e un cortasetos de combustible
lote-de-maquinaria-vilalba
30 Nov 2024

O Concello de Vilalba vén de finalizar o proceso de adquisición dun lote de maquinaria agrícola por un importe de máis de 118.000 euros grazas ao cal “poderemos realizar con maior facilidade e de forma máis eficaz algúns traballos que ata agora nos víamos na obriga de ter externalizados” explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco.

O lote está composto por un conxunto de maquinaria lixeira do que forman parte unha motoserra e cortasetos de man, un soprador, un corta céspede de man, catro desbrozadoras de man, dúas motoserras e un cortasetos accionados por combustible. “Ao que se suman dúas motoserras grandes accionadas por batería que poderá empregar o equipo de emerxencias para resolver incidencias nas que é fundamental contar coa maquinaria axeitada”, sinalou a rexedora vilalbesa, Marta Rouco.

Pola súa banda, o lote inclúe tamén maquinaria pesada entre a que se atopa unha podadora e cortasetos para empregar con tractor, unha biotrituradora, un tractor corta céspede, unha desbrozadora lateral para tractor e unha trituradora multifunción para empregar co tractor tipo 4x4 tamén incluído no lote.

En total, un investimento que supera os 118.000 euros con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, que tamén se destinou á contratación de 5 peóns de xardinería e 2 oficiais xardineiros durante os 3 meses do período estival para levar a cabo a corta de herba nas marxes do paseo fluvial, a retirada de ramas e lixo, así como os labores básicos de mantemento do mobiliario. Ademais, o persoal foi o encargado da corta do céspede, a retirada de ramas, follas e lixo, tamén na área recreativa do Madalena.

0.1674702167511