O Concello vilalbés paga as facturas nunha media de 24 días

TerraChaXa
“Axilizamos ao máximo os pagos ás pemes a autónomos para dinamizar a economía local”, asegura Marta Rouco
dineiro-cartos-moedas-orzamento
9 Apr 2025

A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, manifestou cando tomou posesión a súa intención de xestionar con rigor as contas municipais, aprobando cada ano uns orzamentos e cumprindo co Período Medio de Pago (PMP) aos proveedores.

O concello pechou o ano 2024 con 24,30 días de media no pago das súas facturas ao proveedores, seis por debaixo do prazo legal de 30 días recomendado polo Ministerio de Hacienda ás administracións locais.

“Para que a economía local funcione, o concello debe pagar o antes posible as facturas ás pemes e autónomos cos que traballa, é unha prioridade para nós”, explica Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba.

A intención “é manter a mesma liña ou incluso rebaixar se é posible ese prazo no ano 2025”, sostén Marta Rouco, que lembra “a necesidade de mellorar o financiamento local, os concellos estamos afogados polas competencias impropias”.

⚙ Configurar cookies
0.16711187362671