O Concello vilalbés remata os traballos de sinalización nunha estrada de Román

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Vilalba rematou os traballos de pintado e sinalización do vial que une a zona de Corvite, no casco urbano, coa parroquia de Román.
12 Nov 2020

O Concello de Vilalba rematou os traballos de pintado e sinalización do vial que une a zona de Corvite, no casco urbano, coa parroquia de Román.

Os traballos, orzamentados en 5.000 euros, desenvolvéronse ao longo dos 6,5 quilómetros do vial, mellorando a seguridade viaria de vehículos e peóns.

Trátase dunha estrada moi transitada, xa que pasa ademais por Goiriz e enlaza con outra pista desta parroquia, renovada tamén recentemente polo concello.

“Agora toda esa zona está renovada, con aglomerado quente e sinalización, dando resposta ás demandas veciñais e mellorando a seguridade viaria”, explica Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas.

Os traballos forman parte do plan de rexeneración e seguridade das pistas postos en marcha polo grupo de goberno do concello en todo o municipio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19017791748047