O Concello vilalbés rexenerará por completo a vía de acceso a Seivane

O Concello rexenerará ao completo a vía de acceso o barrio de Seivane. O tenente de alcalde Modesto Renda anuncioullo á veciñanza de Román, a través dunha concorrida xuntanza na que se tomou boa nota de todo tipo de demandas da parroquia.
Ademais o tenente de alcalde avanzou que o Concello ten previsto actuar tamén nun degradado acceso a unha explotación agrícola no barrio da Carboeira e fixou de común acordo cos veciños a rexeneración do acceso ao Foxo como seguinte prioridade.
Renda, que agradeceu a grande afluencia de xente á reunión, lembrou a necesidade de investimentos que teñen as parroquias, pois, a mellora da rede viaria é unha cuestión central para os veciños/as.