O Concello Xove organiza a esperada Cabalgata de Reis

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dentro do Programa de Nadal do Concello de Xove, un dos seus pratos fortes vai ser a Cabalgata de Reis o domingo 5 de xaneiro.
3 Jan 2020

Dentro do Programa de Nadal do Concello de Xove, un dos seus pratos fortes vai ser a Cabalgata de Reis o domingo 5 de xaneiro.

Antes da cabalgata polas rúas da vila, os Reis pasarán primeiro, sobre as 18.00 horas,  a facer unha visita a tódolos residentes da Residencia San Bartolomé de Xove, levándolles un pouco de ledicia e ilusión aos nosos velliños. 

Ás 19.00 horas comezará a Cabalgata. Sairán os Reis dende as inmedicións do Campo de Fútbol de Xove, continuarán pola rúa Acceso Grupo Escolar para chegar á avenida Deputación, por donde seguirán un bó tramo ata cruzar á dereita por Doutor Baamonde Illade, seguindo polo Camiño Real para chegar ao Centro Cívico. É o mesmo recorrido doutros anos.

O tramo da avenida Deputación por onde vai descorrer o Desfile (entre o Bar Onde Sempre e o Bar Pepe) vai estar cortado para o tráfico en ámbolos dous sentidos mentras dure o Desfile.

Unha vez que a comitiva chegue ao Centro Cívico, os Reis van estar no pavillón onde recibirán as peticións dos nenos e posarán con eles. Acto seguido continuará a actividade no Pavillón  cunha Gran Festa Infantil a cargo da Discoteca móbil Decibelios.

A organización lembra que dentro do desfile van incluídos cabalos e vehículos de varios tipos, así que por razóns de seguridade, dende o Concello fan un chamamento a todos os asistentes, maiores e pequenos, a que colaboren na seguridade do desfile.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.10496592521667