O concerto de Paloma Suanzes será este sábado na Casa Museo de Manuel María

TerraChaXa
O concerto de Paloma Suanzes, que tivo que ser suspendido no mes de febreiro por motivos de saúde terá lugar finalmente este sábado, 30 de marzo, ás 20.
20181228_214501
26 Mar 2019

O concerto de Paloma Suanzes, que tivo que ser suspendido no mes de febreiro por motivos de saúde terá lugar finalmente este sábado, 30 de marzo, ás 20.00 horas no auditorio da Casa-Museo Manuel María.  Esta cantautora, residente en Lugo, ofrecerá o espectáculo, Verbas de Auga, no que interpreta algunha das composicións que formarán parte dun próximo traballo musical.

Centrada desde o 2008 na súa formación como directora de coro, cantante lírica e mestra de música e en compor e escribir composicións, Paloma Suanzes, unha das grandes voces da nosa música, ten unha longa traxectoria musical que se iniciou en 1995. Cun traballo musical, “Feitizo”, e a súa participación directa noutros, como “Catro mulleres, catro estilos, catro voces”, xunto a María Manuela, Julie Guravich e Claudia Campos, Paloma Suanzes compartiu escenario no espectáculo “Son Delas”, con Uxía Senlle, María Manuela, Sonia Lebedynski, Mercedes Peón, Guadi Galego, Susana Seivane, Ugia Pedreira e Rosa Cedrón. Tamén, xunto a Miguel Mosquera, creou o dúo musical “Alba Nocturna”.

Na actualidade, Paloma Suanzes está a preparar a gravación de novos temas que formarán parte dun novo proxecto musical persoal.

 

0.15567898750305