O concurso de gando da próxima Moexmu terá carácter autonómico
A comisión organizadora da XXXVI edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo (que xa comenzaron o pasado mes de xullo), encamiñadas á celebración dunha nova edición da feira, que terá lugar os vindeiros 3, 4 e 5 de abril do 2020, acadando as edicións XXXVI da Mostra Exposición de Muimenta, XXXIV Concurso de Gando Frisón, XXXIV Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e XXIV Poxa de Gando Selecto.
O primeiro fin de semana de abril, en Muimenta, no seu recinto feiral, terá lugar o Concurso de Gando da Moexmu, que esta edición terá o carácter de XXIX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga 2020.
Despois da reunión celebrada o pasado 19 de outubro, tivo lugar outra o pasado 10 de decembro, entre a comisión organizadora da Moexmu e representantes de Federación Frisona Galega - Fegriga, planteándose a posibilidade da celebración do concurso autonómico. Decisión acordada entre ambas partes.
A celebración do XXIX Concurso Autonómico de Raza Frisona Fefriga na Moexmu 2020, constitúe un verdadeiro respaldo de todo o sector, ás actividades que dende o ano 1987, ano da celebración do primeiro Concurso de Gando na Mostra Exposición Muimenta, levan a cabo os empresarios de Muimenta, a través das comisión da Moexmu.
A efectos do concurso autonómico sólo podrán participar animais nacidos en Galicia e propiedade de ganderías galegas.
No Recinto Feiral Manuel Vila López poñerase de manifesto o alto nivel xenético e morfolóxico dos animais criados en Galicia. Potenciarase a orientación dos máis novos cara unha selección rentable e correcta dos animais, e aos gandeiros, en xeral, ás tendencias de elección e mellora gandeira no ámbito internacional.
Nos vindeiros días darase a coñecer, pormenorizadamente, máis datos e condicións sobre o XXIX Concurso Autonómico Fefriga – Moexmu 2020.