O concurso de microrrelatos de Vilalba xa ten gañadores
TerraChaXa
O certame foi convocado polo Concello en colaboración con Culturalia GZ
Escritora
26 Jun 2024
O Concello de Vilalba deu a coñecer os gañadores da sexta edición do Concurso de Microrrelatos, organizado coa colaboración con Culturalia GZ .
Así, na categoría infantil, o primeiro premio foi para Nicolás Salgueiro Alonso por Archienemigos, e o segundo para Duarte Mariño Torrado por O Poliño Lector.
Na xuvenil, foi Lucía Domínguez Pereira con Rebelde a gañadora. Seguírona Paula Pérez Cendán por Soa e María Fernández Escáriz por Ondas.
Ademais, Pedro Naveira Pedreira con Erro gañou na categoría de adultos. Sonia Martínez López con Reflector foi segunda e pechou a lista Carlota Millor Prado por Salvavidas.