O congreso de fotografía de Ares regresa a Muras este xoves

O Congreso de fotografía de longa exposición de Ares (LEA VIII), que vén organizando a Asociación Fotógrafa Ferrolterra regresa este 2025 a Muras.
O colectivo pon en marcha este ano a oitava edición dun congreso no que participarán expertos en fotografía como Julián García, Alfonso Espinosa, Diego Alonso, IrreBerenTe Natalia Aguado, Aurelio Fernández, Tim Gamble, Hugo Baptista e Frodo e Xandra, entre outros.
O congreso, que se desenvolverá do 24 ao 26 de xullo no Mosteiro de Santa Catalina en Ares, levará a cabo a primeira xornada en Muras, unha das zonas starlight na que a asociación desenvolve moitas das actividades de astrofotografía.
As actividades arrancarán ás 17.30 horas coa inauguración dunha exposición de astrofotografía na Casa do Médico de Muras, para dar paso despois a unha charla entre antigos e novos ponentes sobre fotografía de estrelas.
Diego Alonso protagonizá despois da cea unha master class de fotografía a las 23.00 horas, ademais dunha clase de astrofotografía que se poderá ver no Colegio do Viveiró a cargo de Julián García e Alfonso Espinosa. A sesión, que se desenvolverá durante a noite, leva incluída unha acampada libre e gratuíta no cámping de caravanas.
Os días 25 e 26 será o mosteiro situado en Ares o lugar no que tamén estarán os relatores que achegarán aos asistentes ás técnicas de astrofotografía, Lightpainting e Darklight.