O congreso de profesores de Galicia será en Viveiro este mes
No IES María Sarmiento presentouse o XXXII Congreso da Asociación de Profesores de Ciencias de Galicia, ENCIGA, que terá lugar neste centro educativo o 14, 15 e 16 de novembro de 2019, no que se desenvolverán diversas actividades, como obradoiros, conferencias, exposicións, rutas e visitas didácticas a empresas da Mariña, visitas ao casco histórico de Viveiro e ao porto de Celeiro, e outras relacionadas co mundo das ciencias no ensino.
Este congreso está organizado por ENCIGA, fundada en 1988 e que tenta mellorar a calidade do ensino nas áreas matemáticocientíficotecnolóxicas nos niveis educativos non universitarios, e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.
Este Congreso Anual de Ensinantes de Ciencias é o acontecemento anual da asociación que, ademais do fin formativo, terá un fin claramente social; para o Concello de Viveiro é unha honra poder colaborar con esta iniciativa e acoller esta actividade de ambito autonómico.