O conservatorio de Vilalba recibe unha achega de 15.000 euros
A Deputación renovará o seu apoio ao Conservatorio Profesional de Música de Vilalba, ao que destinará unha achega de 15.000 euros.
Neste centro reciben formación musical arredor dun cento de alumnos e alumnas de Vilalba e doutros concellos da comarca da Terra Chá que cursan os graos elemental e profesional en diferentes especialidades instrumentais.
Esta achega está dirixida ao mantemento do conservatorio que ademais de facilitar a formación musical a nivel individual pretende crear unha especial afección e sensibilidade de cara a cultura musical en toda a comarca.
A achega formalizarase a través dun convenio de colaboración co Concello de Vilalba, titular do centro, ubicado no edificio multiusos do Auditorio Municipal. Renovarase así a colaboración que a área de Cultura mantén co funcionamento do conservatorio, que tamén recibiu unha achega de 15.000 euros na pasada anualidade.