O coronavirus impide a celebración do 20 aniversario do consello de anciáns de Xestoso

TerraChaXa
O 19 de marzo cumpríronse 20 anos da constitución do Consello de Anciáns de Xestoso, xerme da actual Uned Sénior da Coruña, que conta con aulas nos concellos de Guitiriz ou Xermade entre outros.
IMG 20180319 WA0018
23 Mar 2020

O 19 de marzo cumpríronse 20 anos da constitución do Consello de Anciáns de Xestoso, xerme da actual Uned Sénior da Coruña, que conta con aulas nos concellos de Guitiriz ou Xermade entre outros.

Este consello creouse coa intención de dinamizar o rural potenciando as aldeas con todos os servizos e non concentrar todo en pobos, vilas ou cidades, o que leva a baleirar as aldeas.

Co propósito de asesorar desde a experiencia a políticos, educadores e novos e revertir os seus esforzos en beneficio da sociedade e interactuar cos diferentes axentes sociais, nacía fai 20 anos o Consello de Anciáns de Xestoso (Monfero)- Cambás(Aranga), xerme da actual Uned Senior da Coruña.

A entidade, que actualmente conta con máis de 205 membros de diferentes parroquias, foi constituída no ano 2000 por unha veintena de persoas comandadas polo cura da parroquia, Luís Anxo Patiño, encargado por outra banda de contactar coa dirección do centro asociado da Uned para a realización dun programa sénior na zona rural do que naceron as aulas de Xestoso, Aranga, Paderne, Guitiriz, Xermade ou Irixoa, así como as que se uniron posteriormente en Rianxo, Padrón, Boiro ou Serra de Outes.

"Pretendiamos buscar a implicación da universidade coa contorna rural incluso creando unha Universidade Rural. Finalmente foi a Uned a que se prestou a abrir esas canles de colaboración co Consello de Anciáns para a dinamización do medio rural", explica Patiño.

Desde entón as actividades sucédense cada curso. Excursións, visitas culturais, recuperacións de oficios tradicionais e asignaturas en grao sumo variadas conforman o programa das diferentes aulas. E é que un dos obxectivos cos que naceu o Consello de Anciáns de Xestoso foi o de fomentar a aprendizaxe ao longo da vida e o desenvolvemento integral das persoas maiores aos que tamén se lles ofrece un espazo para intercambiar coñecementos e competencias ou favorecer a comunicación e as relacións interpersonales.

Tamén pretendían asesorar e aconsellar a institucións públicas finalidade dunha das súas últimas iniciativas con foi solicitar ao Sergas que implante a figura de xeriatra de cabeceira en todos os centros de saúde para garantir unha atención sanitaria especializada á terceira idade ou poñer en valor o rural poñendo nas aldeas os mesmos servizos que nas ciades.

0.16451096534729