O coronavirus obriga a suspender e cancelar un sen fin de actividades

TerraChaXa | LugoXa
Debido ás chamadas á prevención das autoridades sanitarias, tanto a nivel nacional como autonómico continúan as suspensión de actividades previstas.
9 Maio 2020

Debido ás chamadas á prevención das autoridades sanitarias, tanto a nivel nacional como autonómico continúan as suspensión de actividades previstas.

Nesta ocasión, a práctica totalidade dos concellos da Mariña publicaron os seu respectivos bandos para anunciar aos a suspensión de todas as actividades previstas, así como o peche de todas as instalacións públicas, tales como PAI, centro de día, piscina, museos, centros sociais, conservatorios, escolas deportivas, pavillóns ou telecentros así como de todas as actividades previstas para estes quince días, incluidos os mercadillos.

Deste xeito foron aprazadas sine día a totalidade das citas culturais, deportivas de de ocio dende marzo.

  • Programa de Difusión Cultural de Viveiro comeza o xoves 12 de marzo
  • Mercado semanal dos sábado do Valadouro
  • Concerto da Orquesta da Corda no Vicedo o venres 13 de marzo
  • Programación mensual da Sacabeira de Cervo
  • Asemblea Xeral de Os do 21 do Vicedo do sábado 14 de marzo
  • Clases de danza de Os do 21 do Vicedo ata novo aviso
  • Taller do Día do Pai coa Anpa de O Barqueiro o sábado 14 de marzo
  • Teatro en Ourol La Pimentera, 15 marzo
  • Concentración Mototurística N-634 de Mondoñedo do sábado 14 de marzo
  • XXIX Festa do Ourizo e master chef infantil de Cervo do sábado 14 de marzo
  • Cocido organizado pola asociación de veciños San Pastor e San Xusto de Barreiros do sábado 14 de marzo
  • Teatro en Riotorto obra El Guindilla o sábado 14 de marzo
  • Entregará de composteiros en Barreiros o sábado 14 de marzo
  • Cea escudería A pontenova do sábado 14 de marzo
  • XV Festa do Lacón e Foliada da Mariña de Xove do sábado 14 de marzo
  • Xornadas de pesca con señuelos de Foz do sábado 14 de marzo
  • VI Mostra de Teatro Municipal da Pontenova o 14 e 15 de marzo
  • XXIII Ruta Cabalar que a Asociación de Cabaleiros da Medela do domingo 15 de marzo
  • Ruta de sendeirismo a cargo de "Terras de Lourenzá" do 15 de marzo
  • ‘Comida xuntanza para os nosos maiores’ de Foz para o sábado 21 de marzo
  • Semana do Deporte de Burela
  • Actividades para conmemorar o Mes da Muller de Foz dos días 18 e 25 de marzo
  • Festa da Árbore de Mondoñedo o sábado 21 de marzo
  • Campionato Galego de Bádminton en Viveiro o 21 e 22 de marzo.
  • Obradoiro de estampación téxtil da Pontenova do domingo 22 de marzo
  • Xove Costa Trail do 22 de marzo
  • IV edición do Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro do 28 de marzo
  • Xantar benéfico loita contra o cancro de Barreiros do 28 de marzo
  • Manifestación Alcoa do 3 de abril
  • Toxiza Gran Trail do 4 de abril
  • VII Foliada Nordestía de San Cibrao do 4 de abril
  • Semana Santa en Viveiro, A Pontenova, Mondoñedo e Burela
  • 5ª Reunión Amigos de VespaFaba&Clásicos de Lourenzá do 9 de abril.
  • III Xuntanza de Coches Clásicos de Ourol o 11 de abril
  • Feira do Ferro de Riotorto do 19 de abril
  • Concerto Los Secretos en Burela do 25 abril
  • Camovi o 26 de abril.
  • Feiras e Festas das Quendas de Mondoñedo o 30 de abril e 1 de maio
  • Festa da Troita da Pontenova o 30 de abril e 1 de maio
  • X Ruta Cabalar de Remourelle de Ribadeo o 2 de maio
  • Festa do Trece de Alfoz do 2 e 3 de maio
  • Festa da Enfariñada de Trabada o domingo 3 de maio
  • Feira das Maulas de Viveiro o 10 de maio
  • Concentración moteira do Valadouro os días 8, 9 e 10 de maio
  • Romería do Bispo Santo de Foz do 15 ao 17 de maio
  • VI Kdd Multimarca de Mondoñedo o 16 de maio
  • XXIV Feira Nacional do Cabalo de Lago de Xove o 17 de maio
  • Trail do Vicedo - Do Caolín ao Fuciño do Porco o 19 de maio.
  • Xornadas Técnicas e o Encontro Empresarial de Expomar 2020 de Burela o o 28 e 29 de maio
  • XIII concentración de asociacións de senderismo de A Pontenova o 31 de maio
  • Festas patronais de Burela do  5 ao 8 de xuño
  • Romaría do San Antonio da Rigueira de Xove o 13 de xuño
  • Día do Socio de Pasada das Cabras en Burela o 20 de xuño
  • Desfile de traxes do Nabiño de Mondoñedo o 20 de xuño
  • Festa Castrexa de Burela do 28 ao 29 de xuño
  • Rapa das Bestas de Campo do Oso de Mondoñedo 27 e 28 de xuño
  • V Foliada de Amado Lar O Valadouro o 4 de xullo
  • A Subida A Pontenova o 4 e 5 de xullo
  • Rapa das Bestas do Curro de Candaoso o 5 de xullo
  • Ribadeo Indiano do 10 ao 12 de xullo
  • Festa da merluza do pincho de Celeiro do 18 de xullo
  • Mercado Medieval de Alfoz o 18 e 19 de xullo
  • Ether: An Electronic Odyssey de Viveiro o 18 de xullo
  • III Holliwave de Barreiros en xullo
  • V Romaxe Vikinga do Vicedo o 24 e 25 de xullo
  • Mercado das Carmiñas e a Festa da Ensalada de Mondoñedo o 25 de xullo
  • Carreira nocturna Burela Bonitafinais de xullo
  • IX Festival do Aturuxo do 31 de xullo e 1 de agosto
  • Mostra Folcklórica Internacional de Viveiro do 5 ao 10 de agosto
  • IV Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo do 22 de agosto
  • IV Retroclásicos de Barreiros o 22 de agosto
  • Concentración de Clásicos de Xove o 19 de setembro
  • XXX Festa da Faba de Lourenzá o 3 e 4 de outubro
  • Illa Pancha Challenge
0.14742398262024