O cospeités Manuel Carballeira Rivas gaña o certame de arte do belén de Begonte
O pintor Manuel Carballeira Rivas, oriundo de Cospeito e residente en Valdoviño, coa súa obra Calima, vén de gañar o XXXIII Certame galego de Arte José Domínguez Guizán de Begonte, convocado polo Centro cultural impulsor do Belén begontino. O premio está dotado con 1.500 € e estatuíña de Sargadelos. A obra premiada pasa a formar parte da pinacoteca do belén, na que xa figuran outras dúas obras deste artista, premiado en 2017 e 2021.
Pola calidade da obra En ruta, presentada polo artista ferrolán Santiago Lago Canzobre, foille concedida unha mención de honra, dotada con estatuíña de Sargadelos.
Formaron o xurado a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro García, e os pintores Manuel Gulín Rodríguez e Gonzalo Sánchez Folgueira, Zalo.
Os premios serán entregados no acto de clausura do cincuentenario do belén, o próximo 28 de xaneiro.