O Cospeito Veteranos celebra este sábado un torneo de tute

O Cospeito Veteranos celebrará este sábado, 8 de novembro, a novena edición do torneo de tute.
Este evento terá lugar na Cámara Agraria da Feira do Monte a partir das 18.00 horas e recibirán un premio en metálico as catro parellas mellor clasificadas na xeral e as 4 da repesca. Recibirán os gañadores da xeral 1.400 euros, con 600 para o segundo e 3oo e 200 para o resto. Na repesca os premios serán de 600, 250, 200 e outro de 100. Haberá unha segunda repesca cun primeiro clasificado, que recibirá 200 euros, e un segundo, con 100 de premio.
A inscrición inclúe a cea, que constará de pinchos, lacón e tortilla. Teñen un custe de 100 euros e poden facerse con Jesús (626 848 414), Fuenteseca (665 526 486) e Reigosa (677 109 801).