O Coyote Pedal organiza unha andaina para o día 15 en Castro de Rei
Trala celebración o mes pasado da III Marcha cicloturista BTT, o club Coyote Pedal Terra Chá en colaboración co Concello de Castro de Rei celebrará nesta ocasión a I Andaina Coyote Pedal, o sábado 15 de outubro con hora de saída ás 9.30 da mañá do Teleclub de Bazar en Castro de Rei.
Trátase dunha marcha que discorre polo Concello sen carácter competitivo. A distancia para percorrer serán aproximadamente 12 km principalmente por pistas aínda que cruzarán tamén algún sendeiro. Está categorizada como de nivel medio/baixo tendo un desnivel positivo de menos de 200 metros, polo que é apta para todos os públicos.
A cota de inscrición por participar na marcha será de 5 euros agás para socios e menores de 16 anos que será de balde.
O peche de inscricións será o mércores 14 de setembro ou ata cheo de prazas.