O CPI Dr López Suárez desenvolverá unha decena de actividades financiadas polo Concello de Friol

TerraChaXa
Un ano máis o Concello de Friol subvenciona as actividades lúdico-deportivas que se van a realizar entre outubro e maio no colexio de Friol, CPI Dr.
CPI Dr. López Suárez.
8 Out 2017

Un ano máis o Concello de Friol subvenciona as actividades lúdico-deportivas que se van a realizar entre outubro e maio no colexio de Friol, CPI Dr. López Suárez, durante o tempo de lecer do alumnado despois de xantar.

Xa que se desenvolven dentro do horario do colexio –os xoves e venres entre as tres menos vinte e as catro e vinte da tarde-, estas actividades contribúen ao desenvolvemento integral de todo o alumnado procedente de distintos puntos da xeografía do municipio.

As actividades propostas para este curso 17/18 diferéncianse por ciclos de educación. Para os nenos e nenas de infantil ofrécese educación física de base, obradoiro de “Drama”, “DiverArte” e a “Xogoteca”. A primeira permite o desenvolvemento do potencial como individuos a través do movemento; mentres que co obradoiro de “drama” se achegan aos nenos e nenas diferentes técnicas para expresarse e comunicarse así como para interpretar diferentes papeis e personaxes. O caso de “DiverArte” permite explorar as diversas formas de expresión artística, empregando diferentes técnicas e materiais. Finalmente, a “Xogoteca” recolle un gran abano de actividades, xogos tradicionais, populares e grandes xogos para o fomento dunha ocupación activa do tempo de lecer.

Ata oito auméntanse as actividaes para os rapaces e rapazas de educación primaria. Así, ademais de “DiverArte” e a “Xogoteca”, tamén terán a oportunidade de participar en clases de baile –para introducir aos participantes nas artes escénicas de arte e movemento-. Ou tamén poderán aprender labores –coma calceta, ganchillo, costura...- ou iniciarse na elaboración de complementos cos que potenciar a súa creatividade sempre de forma segura a través de “Accesorízate”.

Deporte
Non podía faltar a oferta deportiva que, neste caso, achegará ao alumnado do centro aikido, hockey e atletismo –coordinado polo Club de Atletismo-. Mediante o xogo, o alumnado poderase introducir na arte marcial xaponesa do aikido baseada na neutralización do contrario en situacións de conflito sen danalo. Co hockey preténdese introducir ao alumnado, tamén mediante o xogo e a actividade física, nun deporte que fomenta a cooperación e o traballo en equipo.

0.1932430267334