O Criterium Aeronáutico prepara a súa cita anual para os días 27, 28 e 29 de setembro

LugoXa | TerraChaXa
Un ano máis terá lugar de forma simultánea a XXXVIII Volta Aérea a Galicia
criterium-aeronautico
Sinatura do convevio
9 sep 2024

Rozas acollerá a final de mes unha nova edición do Criterium Aeronáutico, concretamente entre os días 27 e 29 na que é a XVI edición. A que xa está considerada unha das citas máis importantes do panorama nacional tiña por costume facerse en xullo pero este ano foi atrasada.

Contará un ano máis con actividades pensadas para todos os públicos, entre as que se incluirán o paracaidismo, paramotor, voo acrobático, drons, ultralixeiros ou un simulador de voo. Haberá tamén un circuíto de karts, inchables, voos de exhibición e exposicións, tal e como anunciaron desde a a organización. Un ano máis terá lugar de forma simultánea a Volta Aérea a Galicia, na súa XXXVIII edición, aberta a todos os pilotos que desexen participar.

Trátase dun evento moi atractivo, que forma parte da oferta turística de Lugo e que consolida á provincia como un destino de experiencias.

 

0.10094809532166