O Cuarteto de Trompas CatroCores actuará este sábado en Foz
TerraChaXa | AMariñaXa
O vindeiro sábado 21 terá lugar un novo concerto de cámara na sala Bahía de Foz a cargo do Cuarteto de Trompas CatroCores.
18 Nov 2020
O vindeiro sábado 21 terá lugar un novo concerto de cámara na sala Bahía de Foz a cargo do Cuarteto de Trompas CatroCores. Este será ás 19 horas e poderase facer a reserva da entrada chamando ao 982 140 027.
CatroCores é un cuarteto formado por trompistas galegas que tras levar experimentado durante anos o que é tocar xuntas no seo da orquestra sinfónica, decidiron no ano 2016 extrapolar esa boa conexión sonora no terreo da música de cámara co fin de achegar a música para este tipo de agrupación a todo tipo de público.
O grupo está formado por Alma Sarasola Pontón, Aida Lozano Beceiro, Mónica García Bereijo e Ana Vergara Pérez (compañeira nosa na Agrupación Musical do Rosal).O seu obxectivo é dar a coñecer ao público distintos estilos musicais adaptados ou compostos para este conxunto instrumental tan pouco común ao tempo que experimentan e xogan co abanico de cores sonoras que un instrumento como a trompa lles ofrece.