O Curro Vello de Guitiriz acolle o venres unha mexillonada

TerraChaXa
A Asociación de Veciños do Curro Vello, en Guitiriz, celebrará un ano máis unha mexillonada, a VIII, o venres 2 de agosto.
67708919_2576328309067038_2127189141547384832_n
31 Xul 2019

A Asociación de Veciños do Curro Vello, en Guitiriz, celebrará un ano máis unha mexillonada, a VIII, o venres 2 de agosto. A festa arrincará ás 20.30 horas na praza do Ecce Homo cunha cea popular na que os mexillóns serán o prazo estrela, aínda que tamén haberá lacón asado, pan, queixo, torta de millo, viño e cervexa. Está previsto repartir unha media de 500 quilogramos deste produto.

Para animar a festa haberá os Cantos de traberna que prologan o Festival de Pardiñas.

0.10822296142578