O Curro Vello de Guitiriz celebra o 14 a súa festa
O día 14 de setembro, o barro do Curro Vello, en Guitiriz celebrará a tradicional Festa do Ecce Homo, que dará comezo ás 11.30 horas co pasarrúas a cargo da charanga BB+ para deixar paso á misa solemne e procesión na capela do Ecce Homo, que terá lugar ás 13.00 horas-
A sesión vermú contará co trío Mar de Arousa para deixar unha tarde chea de actividades e xogos a partir das 17.00 horas, con carreira de carretillas e festa da escuma.
Ás 20.30 horas, como manda a tradición, haberá liscos, pan e viño gratuítos amenizado pola charanga BB+ e con inchables e xogos para os máis pequenos.
Pechará a celebración cunha verbena a cargo do trío Mar de Arousa e a orquestra Finisterre. Durante o descanso musical farase o sorteo dunha televisión de 43 pulgadas.