O Curro Vello de Guitiriz festexará o 13 e 14 de setembro o Ecce Homo

O Curro Vello de Guitiriz celebrará a fin de semana do 13 e 14 de setembro a Festa do Ecce Homo, unha sesión que dará comezo o sábado cunha tirada de fogos e sesión vermú a cargo do dúo Estrellas.
Pola noite, ás 22.30 horas, volverán a tirar fogos e o dúo Estrella actuará de novo, acompañado da discomóvil CDC. A maiores, haberá colchonetas gratis para os máis pequenos, de 18.00 horas a 20.00 horas.
O domingo, a xornada comeza ás 11.30 horas con fogos e cun pasarrúas a cargo da charanga Son Da Aldea. Ás 13.00 horas haberá misa solemne e procesión na Capela do Ecce Homo para continuar coa tradicional sesión vermú a cargo do trío Karma.
Durante a tarde terá lugar a tradicional carreira de carretillas, unha festa da auga e a festa da escuma, a partir das 17.00 horas.
Como teñen por costume, ás 20.00 horas dará comezo unha liscada gratuíta, servida polo bar Porto, antes da verbena de fin de festa, na que volverán actuar Karma e tamén a orquestra La Oca Band.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.