O curso de percusión medieval en Rábade ofrecerá un concerto aberto ás 20.00 horas
LugoXa | TerraChaXa
Desde o Goberno local de Rábade destacan a boa acollida do curso de percusión medieval
15 Jun 2024
Desde o Goberno local de Rábade destacan a boa acollida do curso de percusión medieval en Rábade, co que colabora e que ten lugar desde onte e ata o domingo na Casa das Insuas e no que participan unha ducia de persoas.
A actividade 'Ritmo e percusión nas cantigas de Santa María' está a ser impartida por Jota Martínez.
Ás 20.00 horas ofrecerá un concerto aberto a quen queira asistir e mañá ás 13.30 horas darán o concerto de fin de curso 'O ritmo e a percusión nas cantigas de Santa María'.