O delegado reúnense coa alcaldesa de Rábade para valorar proxectos de interese para o Concello

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa alcaldesa de Rábade, Remedios González, na que abordaron distintos proxectos de interese para o municipio, como a mellora da estación de tratamento de auga potable (ETAP), e avaliaron vías de colaboración entre ambas administracións.
Durante o encontro, Arias destacou que o Goberno galego “colabora cos concellos, especialmente cos máis pequenos, achegando financiamento para obras e dotacións que lles permitan prestar servizos públicos de calidade e que contribúan ao benestar dos veciños e veciñas”.
Neste sentido, lembrou que a Xunta sufragou nos últimos meses en Rábade actuacións como a mellora da eficiencia enerxética do pavillón deportivo e o campo de fútbol, reformas na Casa Consistorial ou traballos na rede de saneamento, entre outras.