O Depor Campus chega por primeira vez a Vilalba este verán

Vilalba acollerá por primeira vez o Depor Campus, o campamento de verán organizado polo Real Club Deportivo da Coruña, que se celebrará do 14 ao 18 de xullo na vila. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos que queiran gozar do fútbol durante cinco días, combinando deporte, aprendizaxe e valores vinculados ao RC Deportivo.
As sesións desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 horas e ofrecerán unha oportunidade única para mellorar habilidades futbolísticas e compartir experiencias en equipo baixo a metodoloxía do club herculino.
As inscricións están abertas ata o 8 de xullo, dependendo da dispoñibilidade, a través da web oficial do Depor Campus, onde se pode consultar toda a información necesaria para participar nesta iniciativa deportiva que reforza a aposta de Vilalba polo deporte base e a formación en valores a través do fútbol.