O deporte, tema do coloquio deste luns dentro do programa Espazo en Familia das Pontes
O Concello das Pontes continúa este luns, 21 de novembro, co segunda edición do programa de apoio socioeducativo Espazo en Familia dirixido a todas as familias pontesas con fillos e fillas menores de idade escolarizados nos centros educativos das Pontes.
Este luns, entre as 19.00 e as 20.30 horas, falarase no soto da Casa Dopeso sobre o rol da familia no deporte. Neste coloquio achegarán algúns aspectos importantes referidos á crianza e ao apoio en cada momento durante a vida deportiva das fillas e fillos.
O programa Espazo en Familia é unha iniciativa que ten como obxectivo prioritario ofrecer aos pais e nais un lugar para compartir as súas inquedanzas sobre a crianza e educación dos seus fillos e fillas e poder abordarlas con éxito e que, segundo palabras da concelleira de Educación, Tania Pardo “busca que as familias que participen neste programa, coa axuda de profesionais no ámbito da educación social, da terapia familiar e da psicoloxía e educación intantil, aprendan a desenvolver accións de crianza postiva que faciliten e promovan o desenvolvemento dos seus fillos e fillas”.
O programa, no que se establecen diversos grupos de traballo, dirixidos ás familias con fillos e fillas menores escolarizados nas distintas etapas educativas, a través de sesións grupais e individuais e accións de formación, abordará nesta segunda edición temáticas como a conciliación e autocoidado familiar, a xestión dos momentos de crise (divorcios, separacións...) ou a xestións de conflitos e rabietas.
Haberá tamén formación para as familias centrada en aspectos como rol da familia no deporte, a educación para o consumo ou as condutas aditivas relacionadas coas novas tecnoloxías así como charlas sobre afectividade e a sexualidade.
Así mesmo, Espazo en Familia tamén está orientado a mellorar as técnicas de comunicación e negociación, aprender a criar aos fillos e fillas de forma segura fomentando a autoestima e o apego así como aprender a crear unha conexión emocional e influir positivamente nos nenos e nenas.
Todas as familias interesadas en participar neste coloquio sobre Poñer límites sen dramas poden inscribirse nesta ligazón no teléfono 622 155 806 ou no correo electrónico espazoenfamilia@gmail.com