O deputado Daniel Vega destaca a calidade dos produtos da horta de Riotorto

TerraChaXa
O secretario de Organización do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Daniel Vega, destaca a calidade dos produtos da horta de Riotorto durante a visita á empresa Bidueiro e á cooperativa Labregos de Lugo, situadas no municipio de Riotorto.
PP Riotorto
30 Nov 2017

O secretario de Organización do Partido Popular de Lugo e deputado autonómico, Daniel Vega, destaca a calidade dos produtos da horta de Riotorto durante a visita á empresa Bidueiro e á cooperativa Labregos de Lugo, situadas no municipio de Riotorto. Vega mantivo unha xuntanza con representantes destas iniciativas empresariais, durante a que se interesou polas inquedanzas do sector e máis lles trasladou o traballo que se está a promover dende a Xunta de Galicia para poñer en valor os produtos hortícolas e dalos a coñecer a nivel nacional e internacional.

O deputado autonómico enxalzou as condicións e as características que ofrecen os produtos “da nosa horta cun amplo recoñecemento no mercado local” e lembrou que dende o Goberno galego están centrados en impulsar estes cultivos “tamén nos mercados nacionais e internacionais para ampliar a súa expansión, consolidar este sector e certificar a súa calidade”. Neste mesmo eido, Vega puxo en valor que a “Xunta de Galicia estea a apostar de xeito decidido por impulsar a horta” así citou, como unha das medidas, “que se acade a marca 100% Galega non só no produto lácteo e no cárnico senón tamén no hortícola”.

“Na provincia temos a sorte de contar con infinidade de produtos de calidade e, polo tanto, estamos ante un sector que debemos difundir e potenciar xa que esta liña de traballo tamén favorece a supervivencia das zonas rurais e complementa outras producións e outras explotacións como son as de leite”, remarca Daniel Vega.

Polo tanto, o deputado autonómico quixo aproveitar nesta xuntanza, igual que está a manter con outros sectores da provincia e, especialmente da comarca da Mariña, “para coñecer as preocupacións que ten o sector e as necesidades que os moven para darlles as respostas axeitadas dende os ámbitos competentes”. A maiores, Daniel Vega tamén comprobou de primeira man o traballo diario que se desenvolve nestas empresas. “O contacto directo cos traballadores é vital para darlles unha resposta axeitada e con este obxecto é co que estamos a desenvolver as diferentes reunións que estamos a manter pola comarca”, precisou.

0.16446304321289